O noso produto. Ovos 100% Galegos
Experimenta o sabor auténtico de Galicia, nun produto criado con amor e respecto pola terra e os animais.
Calidade dende a orixe
A calidade dos nosos ovos comeza dende o primeiro día de vida das nosas galiñas.
Criados libres na montaña de Galicia, gozan dunha alimentación coidada, libre de transxénicos, antibióticos ou hormonas”.
Un produto coidado a man
Cada ovo é recollido e manipulado a man, garantindo que chegue en perfectas condicións.
Este é o esforzo e a dedicación dunha familia que se preocupa por cada detalle.
Sabor Auténtico
Os nosos ovos ofrecen un sabor que te transporta á terra, á casa, á calidade que só pode ofrecer Galicia.
É o resultado dun conxunto de factores que potencian e favorecen a calidade e forza do ovo.
Embalaxe seguro
Sabemos que os ovos son un produto fráxil.
Por este motivo, utilizamos envases que non só cumpre todas as normativas, senón que protexe o produto, garantindo que chegue nas mellores condicións.

Máis que un ovo, unha experiencia
Cando elixes Ovos Corazón de Galicia, non só estás a mercar un ovo, estás a mercar unha experiencia de calma, benestar e autenticidade que só un produto desta calidade pode ofrecer.